CRTVG

Buscar

A chuvia intensa de onte á tarde volve encher de augas fecais unha rúa de Vilagacía

Publicado o 05/04/2019 14:16

Esta mañá, moitas tapas do sumidoiro do centro de Vilagarcía volvían á normalidade e moitos veciños podían transitar novamente por esta rúa peonil, que onte á tarde quedou anegada por mor da chuvia.

Foi apenas unha hora onde os teléfonos da policía non deixaron de soar. Por desgraza, estes veciños xa están acostumados ás inundacións. De feito, os comerciantes xa toman medidas de prevención para evitar anegamentos nos seus locais.

Esta mañá, moitos operarios levantaban as tapas dos sumidoiros para verificar o correcto funcionamente do sistema, que onte, literalemente, saltou polos aires e anegou casas e leiras. Os veciños, a pesar das obras de mellora, quéixanse da súa debilidade e piden unha solución ao Concello.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/04/2019