CRTVG

Buscar

A chuvia e o frío obrigan a atrasar case un mes a plantación de pementos en Herbón

Publicado o 18/02/2021 19:03

As constantes borrascas que afectan Galicia obrigaron a atrasar este ano a plantación de pementos de Herbón. A alta humidade pon en perigo as plantas que poderían podrecer.

O atraso na plantación podería supoñer que a recollida se tivese que adiar para finais de maio, case un mes máis tarde do habitual. Só un cambio no tempo podería axudar a medrar as plantas.

Agardan unha produción tan boa como a do ano pasado malia ter que reinventarse para salvar a campaña de venda, moi dura polas restricións na hostalería.

Será o tempo, neste caso o atmosférico, o que decida cando se van poder comer os primeiros pementos de Herbón.

Noticias web

18/02/2021

Máis sobre Padrón