CRTVG

Buscar

A chuvia e a preamar de madrugada anegan negocios, vivendas e garaxes en Pontevedra

Publicado o 15/12/2019 20:29

Detrás deste perímetro de seguridade traballan os bombeiros de Pontevedra. Achican a auga que inunda este garaxe de doce prazas na que hai afectados, inservibles, oito coches á espera do que diga o Consorcio de Seguros. A esta muller acaban de comunicarlle que o seu vehículo é un deles. Cóntanos fóra da cámara que é o terceiro coche que se lle inunda neste aparcadoiro da Rúa Seca. O mesmo historial teñen Jesús Almón e José Arceo, os que conversan con ela.

Xosé Arceo, afectado pola inundación di que é a segunda vez que lle pasa.

Xesús Almón, outro  afectado pola inundación engade que  hai sete anos a el fastidióuselle outro vehículo.

Xosé Arceo explica tamén que oá mañá cedo  polo camiño detrás da súa casa a auga viña a riadas. Di que el abriu o portón e que xa non podía entrar dentro

Xesús Almón cre que o problema das inundacións é o río. Adverte que se sobe moito, o nivel do río, pasa por detrás das leiras, e entra nos garaxes. Cre que a proba está en que noutro garaxe pegado ao seu hai case un metro de auga.

Segundo nos contan os veciños o problema é multifactorial: esta madrugada xuntouse a preamar ás cinco e media, con chuvia e vento intensísimos a esa mesma hora e o desbordamento dun regato pequeno que está por tras das rúas Seca e Casimiro Gómez. Nesta rúa os bombeiros e a Policía local seguían supervisando aparcadoiros subterráneos. Neste algún coche xa descansa nunha plataforma para evitar o que finalmente pasou no outro garaxe. Seguimos na zona baixa pontevedresa. Na rúa Padre Fernando Olmedo o restaurante Atlántico tamén se inundou e hoxe permanecerá pechado.

Mónica Ruibal, do restaurante Atlántico&Juber  di que xa á mañá foron ao aseu negocio e non os deixaron pasar. Di que estaban os bombeiros, a policía, e que ao chegar ao interior atoparon todo inundado, e que dá moita impotencia porque a auga sae de todos lados.

Roberto Ruibal, o restaurante Atlántico&Juver aclara que a de 2008 foi pequeniña, unha inundación que manchaba, máis ou menos, pero que esta levou fiestras, levou mobles, levou todo.

Margarita Otero engade que estaba un pouco asustada porque os baixos xa imaxinaba onde ía chegar a auga. Porque conta que  lles ten pasado de estragarse todo.

A chuvia e a marea alta tamén anegou de madrugada as instalacións do complexo deportivo de Campolongo, que non abriron este domingo.

Noticias web

15/12/2019