CRTVG

Buscar

A chuvia dispara as compras de roupa para o inverno

Publicado o 04/11/2019 14:52

A temperatura e o tempo poden influír na forma en que vivimos e no que consumimos. A chuvia é un factor que hai que ter en conta. Nos últimos días a meteoroloxía fixo que aumentara o número de persoas en tendas e comercios.

Os propios comerciantes certifican que a chuvia destes días foi un grande aliado para mudar ou aumentar o vestiario de inverno. De feito, nesta ponte festiva notaron ese incremento.

Os expertos tamén din que en días de chuvia os consumidores somos menos sensibles ao prezo.

Este mes de novembro obríganos a desempoar os paraugas e a roupa de inverno. E se a iso sumamos que a chuvia é un aliado das vendas, as cifras poderían seguir aumentando. De feito, moitos comerciantes xa se preparan para o que será un novo Black Friday.

Noticias web

04/11/2019