CRTVG

Buscar

A chuvia derruba os restos dunha torre medieval en Pontevedra

Publicado o 13/12/2019 13:48

Resistiu o paso dos séculos baixo terra pero o temporal puido con ela. O que quedaba da fortificación medieval dos Montenegro, no Campiño de Santa María, veuse abaixo por mor dun corremento de terras.

O concello precintou parte da senda peonil sobre a que caeron as pedras, pero reabrirase unha vez que os restos estean asegurados. Está previsto que para a próxima primavera o complexo arqueolóxico estea xa restaurado.

Os restos da torre, que formaba parte da casa do nobre Tristán de Montenegro, emerxeu en 2011 durante os traballos de recuperación da antiga muralla medieval da cidade.

Noticias web

13/12/2019