CRTVG

Buscar

A chuvia de estrelas delta acuáridas, un dos fenómenos astronómicos máis fermosos

Publicado o 27/07/2021 16:58

Se as perseidas son as estrelas de agosto, a finais de xullo as raíñas da noite son as delta acuáridas. Realmente nin é chuvia nin son estrelas, senón restos dun cometa de corto período, din os astrónomos, co que nos cruzamos, orbitalmente falando, cada cinco anos. 

Agárdase que se poidan ver entre 20 e 25 por hora. Para iso primeiro cómpre buscar un lugar sen contaminación lumínica e cun amplo campo de visión e despois mirar cara á constelación de Acuario. 

A previsión é que o ceo se despexe e que, malia a Lúa en fase minguante, si se poida ver as acuáridas. 

Noticias web

27/07/2021