CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A chuvia de estrelas das Perseidas cae en Galicia

Publicado o 11/08/2017 15:22
É unha das citas astronómicas máis importante do ano: a chuvia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo. E será na noite de mañá sábado cando alcancen o seu momento de máximo esplendor...








Este espectáculo repítese cada ano cando a terra atravesa unha xigantesca nube de po que non é outra cousa ca un regueiro de partículas de cometas, que forman esta chuvia de estrelas. O sábado pola noite será o de maior intensidade malia que a lúa pode xogar unha mala pasada



Para contemplalas, é preciso dirixirse ás zonas máis afastadas de contaminación lumínica.


E unha vez que se atopa o lugar axeitado, non queda doutra que poñerse cómodo e ter paciencia...



Perseidas porque pasan pola constelación de Perseo, Bágoas de San Lourenzo polo mártir da Idade Media. E mesmo os chineses recollen dende hai séculos este fenómeno. Non hai dubida: Á fascinación pola chuvia de estrelas agárdalle unha longa vida.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí