CRTVG

Buscar

A chuvia causa varios accidentes nos accesos da Coruña

Publicado o 08/10/2019 14:27

Na Coruña, a primeiras horas da mañá, a chegada da chuvia provocou varios incidentes nos principais puntos de acceso á cidade. Ata cinco vehículos se viron implicados nunha colisión por alcance na venida de Alfonso Molina. Por sorte non houbo feridos, pero si danos materias.

Igual que sucedeu nestoutro accidente, xunto ao hospital oncolóxico, ao envorcar un turismo. Este é o estado en que quedou o vehículo logo de impactar contra un muro de formigón. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros, a Policía Local e efectivos de urxencias sanitarias, aínda que, por sorte, o condutor non quedou ferido de gravidade.

O que si provocaron os dous accidentes foron importantes retencións, que complicaron a circulación na cidade durante boa parte da mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019