CRTVG

Buscar

A chuvia arrastrou pólas, pedras e terra nunha tormenta en Lousame

Publicado o 26/04/2021 14:49

A descarga de tronos e auga deste sábado á noite en Vilacova, Lousame, vai perdurar na memoria, sobre todo da familia que habita esta casa. Toda a ladeira do monte verteu cara á vivenda. A gabia é feita de onte. Durante un cuarto de hora choveu cunha intensidada brutal, polo que nos contan, e foi o rapaz da casa, de dez anos de idade, quen alertou os maiores do asolagamento. Axiña abriron todas as portas para darlle saída pola estrada abaixo. E de seguido pediron axuda ao 112.

Os danos materiais son importantes e os donos da casa estaban á espera de que a aseguradora peritase os estragos. Abranguen tamén a planta baixa en todas as estancias. O xefe local de Protección Civil di que o panorama lembraba outro gran asolagamento na comarca hai trinta anos. En Vilacova sinalan que estas son consecuencias de non coidar o monte.

Noticias web

26/04/2021