CRTVG

Buscar

A chuvia arrasou os pementos sementados ao aire libre en Padrón

Publicado o 21/06/2021 14:34

A chuvia forte dos últimos días estragou unha gran parte dos pementos sementados ao aire libre en Padrón. Estas plantas terían que estar producindo en 15 días, pero o vento e o peso da auga danaron as que estaban máis crecidas.

Dentro do invernadoiro, as plantas xa están en produción. Hai 15 días case non daban para atender a demanda de pementos coa denominación de orixe de Herbón, pero coas temperaturas altas de hai unha semana medraron e botaron máis flor.

Agora, ao principio da campaña, o prezo mantense nuns 5 euros a bolsa. Recollen pola mañá cedo e logo seleccionan e envasan.

Noticias web

21/06/2021