CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A chuvia amarga a festa das flores dos escolares de Ferrol

Publicado o 11/05/2018 14:36

2.000 escolares particparon na terceira edición da festa primaveral 'Ferrol, de flores cuberto'. Amosaron os maios elaborados en cada centro escolar.

A praza de España de Ferrol acolleu o encontro primaveral 'Ferrol, de flores cuberto', en que, desafiando a chuvia, participaron 2.000 alumnos de centros escolares da comarca.

Cada centro acudiu a esta cita cun maio elaborado polos alumnos e con cantigas e danzas alusivas a esta festa tradicional.

Unha festa primaveral que a chuvia finamente obrigou a suspender.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí