CRTVG

Buscar

A chuvia acumulada nas últimas semanas deixa unha gran parte dos ríos galegos á beira do desbordamento

Publicado o 10/02/2021 14:56

Dende o 19 de xaneiro a chuvia non deu tregua na nosa comunidade, pero non só tivemos chuvia. A neve, unida ás fortes precipitacións, deixaron importantes acumulacións de agua en moi pouco tempo. 

Toda está auga está a deixar efectos moi negativos en gran parte dos ríos galegos. O forte tren de borrascas que vivimos fai unhas semanas provocou que moitos deles incrementasen en exceso o seu caudal. De feito, a chuvia de onte xa provocou o rebordamento de varios deles, como o río Arnoia, as piscinas de Oira e as pozas da Chavasqueira. Outros como o Miño atópase en situación de alerta previa no seu paso pola Peroxa ou Salvaterra. 

Hoxe atopámonos nunha xornada de transición, pero mañá agárdase de novo a chegada dunha nova borrasca que vai deixar precipitacións intensas dende primeiras horas da mañá. 

Noticias web

10/02/2021