CRTVG

Buscar

A China responde á guerra comercial aberta polos EUA impoñendo aranceis a bens importados

Publicado o 13/05/2019 19:57

A China responde á guerra comercial aberta polos Estados Unidos impoñendo aranceis a bens importados dese país por valor de 60.000 millóns de dólares.

O Goberno chinés asegurou que se ve obrigada a adoptar esta medida para tratar de contrarrestar o gravame da administración Trump a produtos chineses por valor de 200.000 millóns de dólares.

Esta tirapuxa arrefría pero non rompe as negociacións entre Washington e Pequín para chegar a un acordo comercial. Os expertos cren que Trump e Xi están condenados a entenderse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019