CRTVG

Buscar

A China levanta as restricións en Hubei, a zona cero do coronavirus

Publicado o 25/03/2020 17:05

Primeiras ringleiras de coches para saír da provincia de Hubei, o lugar onde se orixinou o coronavirus.

Despois de dous meses de corentena, as autoridades comezaron a levantar hoxe as restricións para viaxar que pesaban sobre os seus case 70 millóns de habitantes.

Nunca me sentira tan feliz, asegura esta muller que regresaba a Hubei, que comeza a recuperar unha relativa normalidade.

Pero os que queiran saír precisan dunha aplicación do móbil que ten os datos do propietario para saber se este estivo en zonas de moito contaxio, en contacto con algún enfermo ou se tivo síntomas recentemente.

O código verde permítelle o paso, pero négallo se o cógido é amarelo ou vermello.

O levantamento da corentena en Hubei non afecta a capital, Wuhan, e os seus 11 millóns de habitantes, que terán que agardar ata o próximo oito de abril.

En calquera caso, o Goberno chinés cre que as medidas adoptadas en Hubei e a reapertura parcial da gran muralla e doutros espazos públicos de Pequín son a demostracion de que lograron vencer a batalla contra o virus.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020