CRTVG

Buscar

A China suma 254 novas mortes tras cambiar o criterio para contabilizar infectados

Publicado o 13/02/2020 20:16

A China cambiou a forma de contar os casos de coronavirus, e as cifras dispáranse. De feito, hoxe as autoridades sanitarias aumentaron a 67.000 o número de infectados e, só nun dia, rexistraron 254 falecidos. Agora no reconto inclúense os casos probables. A OMS asegura, con todo, que este forte aumento no número de vítimas non supón un agravamento da crise sanitaria. Os ministros de Sanidade da Unión acordaron achegar fondos para conseguir unha vacina o antes posible.