A China difunde as primeiras imaxes en vídeo de Marte captadas pola súa sonda Tianwen-1
Publicado o 13/02/2021 09:48
A Administración do Espazo da China (CNSA) difundiu as primeiras imaxes en vídeo captadas pola súa sonda Tianwen-1, que está na órbita do planeta vermello desde o mércores e prevé aterrar cun módulo e un vehículo explorador no mes de maio.
Son dous vídeos, de algo menos dun minuto cada un deles, realizados no momento en que a Tianwen-1 entrou na órbita de Marte despois de seis meses e medio de viaxe desde a Terra.
As imaxes fixéronse públicas a última hora deste venres coincidindo coa celebración na China do primeiro día do Ano Novo lunar.
"Tianwen-1 enviou a felicitación de Aninovo desde o afastado Marte", sinalou a CNSA na súa páxina web, ao tiempo que difundía as imaxes.