CRTVG

Buscar

A China confía en comezar a vacinar a poboación a finais de ano

Publicado o 15/09/2020 13:55

A Organización Mundial da Saúde alerta dun outono duro para Europa á espera de que se saiba a efectividade das primeiras vacinas contra o coronavirus.

A China podería comezar a vacinar a poboacion en novembro ou decembro porque, asegura, a terceira fase das probas clínicas avanza sen contratempos.

A capital das Filipinas, Manila, converteuse hoxe na cidade co confinamento máis longo e estrito de cantos se aplican en todo mundo.

Seis meses ininterrompidos de corentena nunha cidade que rexistra máis de 140.000 casos.

Pero o foco principal da pandemia seguen sendo os Estados Unidos, con máis de 194.000 mortos, e O Brasil, que superou os 130.000.

A Organización Mundial da Saúde alerta de que a enfermidade avanza tamén rapidamente pola India e por Rusia.

Este último país, que superou o millón de contaxiados, comezou a distribución das súas primeiras vacinas Sputnik, pero o Ministerio de Sanidade ruso confirmou hoxe que un 14 % dos voluntarios que participaran nos ensaios sufrira efectos secundarios como febre ou dores musculares.

Tamén desde A China se anunciou que as vacinacións poderían comezar en novembro ou decembro, xa que os ensaios que se están levando a cabo avanzan sen contratempos.

A OMS cré que hai ser que ser prudentes á espera de que se saiba se estas vacinas serán eficaces para toda a poboación.

De momento, o organismo asegura que a mortaldade se reduciu en Europa, pero alerta de que se aveciña un outono duro e que hai un risco real de volver ao confinamento.

Noticias web

15/09/2020