CRTVG

Buscar

A embaixada da China pide que non se discrimine aos cidadáns chineses por o coronavirus

Publicado o 04/02/2020 14:43

A embaixada chinesa en Madrid agradeceu hoxe o comportamento de España sobre o coronavirus de Wuhan, un inimigo común, dixo, que só se pode combater a través da colaboración de todos os países. A embaixada lamenta a fobia aos chineses e di que en España só hai casos illados.

A embaixada da China en Madrid convocou hoxe unha rolda de prensa para dicir que a información que está a dar o seu país sobre o coronavirus é verdadeira, e lembrar que a OMS recoñeceu que están a tomar as medidas axeitadas para frear e expansión da enfermidade. Tamén para lamentar que Estados Unidos estea a xerar pánico con decisións restritivas e agradecer a actitude do Goberno e dos cidadáns en España. O diplomático chinés que compareceu insistiu en que o virus atravesa fronteiras e que só se pode frear colaborando.

"O coronavirus non ten pasaporte. O noso inimigo común e o coronavirus, non somos chineses", dixo Yao Fei, responsable de negocios da Embaixada de China en España.

O responsable da embaixada animou a non temer os chineses que regresan España porque, segundo dixo, eles mesmos son conscientes do risco e toman medidas para evitar o contaxio.

"Voluntariamente póñense en corentena, non saen da casa para non contaxiar os veciños", engadiu o diplomático. Confirmou que na China o coronavirus infectou 20.400 persoas e causou 425 mortos.

En España, as análises descartaron a presencia de virus na muller hospitalizada como sospeitosa en Vitoria, o alemán que chegou contaxiado á illado na illa canaria da Gomera evoluciona a mellor e no Hospital Gómez Ulla de Madrid seguen en corentena, pero en bo estado, os 21 repatriados desde Wuhan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2020