CRTVG

Buscar

A China asegura que probou vacinas contra a covid-19 en "centos de miles" de persoas sen efectos adversos

Publicado o 08/09/2020 19:43
A China asegura que probou vacinas contra a covid-19 en "centos de miles" de persoas sen efectos adversos

Na China, xa están vacinadas contra a covid-19 centos de milleiros de persoas. Segundo informan as autoridades, polo momento ninguén amosou efectos secundarios adversos nin se contaxiou. A compañía estatal de Biotecnoloxía está a desenvolver dúas das catro vacinas que, na actualidade, están na terceira fase de probas clínicas no país asiático. Nesta mesma fase, atópase a vacina que o Ministerio de Saúde ruso acaba de poñer en circulación. Esta semana, comezará a administrala ás persoas voluntarias que participan no ensaio.

Noticias web

08/09/2020