CRTVG

Buscar

A China asegura que España mercou os tests rápidos a unha empresa non autorizada

Publicado o 26/03/2020 16:41

O Goberno chinés asegurou hoxe que o mercado é "demasiado grande para supervisalo" e que non pode garantir a calidade dos produtos se non están certificados polas autoridades, en relación coa compra por parte de España de tests de coronavirus defectuosos fabricados no país asiático.

O director xeral de Asuntos Económicos Internacionais chinés, Wang Xialong, sinalou que este país non ten "restricións á exportación". "Certificamos a algúns dos produtores para asegurar que a calidade cumpre sobradamente cos estándares. Pero respectamos os desexos das empresas doutros países que están interesadas en comprar produtos do mercado chinés de toda clase de sectores", dixo. 

España mercou un lote de 340.000 probas rápidas capaces de detectar o virus en quince minutos que se mercaron nunha empresa que non figuraba no listado autorizado polo Goberno do país asiático. Estas probas presentan unha sensibilidade do 30%, cando en realidade debería ser do 80%.

Calcúlase que chegaron a España arredor de 9.000 dispositivos en lotes que xa se están a devolver.

Ante esta situación, os expertos recomendan seguir utlizando a proba actual, que tarda ata catro horas en dar resultados e que precisa de persoal e equipamento moi especializado. É unha proba,din, máis lenta, pero segura.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020