CRTVG

Buscar

A China aproba os tests en humanos na carreira pola vacina da covid-19

Publicado o 22/08/2020 21:53

A China acaba de aprobar as probas en humanos da súa vacina contra o coronavirus, cultivada dentro de células de insectos, segundo anunciou este sábado o goberno local da cidade de Chengdu.

Cando se probou en monos, os investigadores comprobaron que a vacina prevén as infeccións por covid-19 sen efectos secundarios.

Os científicos chineses traballan en polo menos outras oito posibles vacinas contra o coronavirus, que entraron en diferentes etapas de ensaios clínicos.








 

Noticias web

22/08/2020