A China aproba a patente dunha vacina que aínda está na terceira fase de probas
Publicado o 17/08/2020 13:12
A carreira pola vacina contra a COVID-19 non cesa. A China aprobou a súa primeira patente. A vacina chinesa, que está aínda na terceira fase de probas, podería ser producida en masa nun breve período de tempo.
Foi desenvolvida polo Instituto Científico Militar e unha empresa privada. Segundo os resultados publicados na revista Lancet, os ensaios da segunda fase demostraron que é segura e induce a unha resposta inmune contra o coronavirus.