CRTVG

Buscar

A China anuncia un acordo cos EUA para cancelar os aranceis por fases

Publicado o 07/11/2019 13:16
A China anuncia un acordo cos EUA para cancelar os aranceis por fases

O Goberno chinés anunciou hoxe que chegou a un acordo con Estados Unidos para cancelar por fases os aranceis que ambas as partes fóronse impoñendo durante a guerra comercial, que comezou en marzo de 2018.

O portavoz do Ministerio de Comercio da nación asiática, Gao Feng, asegurou nunha conferencia de prensa que só queda que os dous países dean o paso de abolir os aranceis para cumprir así a denominada "primeira fase" dun acordo entre ambas as potencias para resolver o conflito.

Esta cancelación de aranceis será unha condición para poder seguir avanzando cara a un acordo definitivo, dixo Gao.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019