CRTVG

Buscar

A chegada do tempo de outono favorece as vendas de roupa de temporada

Publicado o 25/09/2019 14:31

Á hora de vestir, o tempo é determinante. Por iso, mesmo estes días en que nos acompañan a chuvia e as temperaturas máis baixas, é habitual ver roupa de abrigo pola rúa e as tendas celebran xa as primeiras vendas da nova tempada de outono e inverno.

Outros xa comezaron antes, pois os comercios coinciden en falar de persoas selectivas que intentan anticiparse aos demais.

En termos xerais, aínda que nestes días mellorou a situación, falan dun setembro malo en canto a vendas, unha tendencia que se dá ano tras ano, e da que culpan a volta ao colexio e mais o bo tempo que nos acompañou este ano para despedir o verán.

Con todo, aínda quedan varios meses por diante en que auguran ter bos resultados, dunha campaña, din, con moita forza en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019