CRTVG

Buscar

A chegada de turistas internacionais caeu en febreiro un 93,6 %

Publicado o 06/04/2021 10:46
A chegada de turistas internacionais caeu en febreiro un 93,6 %

España recibiu en febreiro pasado 284.311 turistas internacionais, un 93,6 % menos que nese mes de 2020, e o gasto que fixeron baixou un 93,3 %, ata 322 millóns de euros. Segundo os datos das enquisas de entradas e de gasto que este martes publicou o Instituto Nacional de Estatística, tanto as entradas de turistas internacionais como o gasto que fixeron en febreiro quedaron máis de 10 veces por baixo do rexistrado un ano antes.

Nos dous primeiros meses de 2021 o número de turistas que visitaron España diminuíu un 91,6 % e situouse en 718.613, fronte a 8,6 millóns en xaneiro-febreiro de 2020. O principal país de orixe dos turistas que chegaron en febreiro seguiu sendo, como en toda a pandemia, Francia, desde onde entraron 74.797 persoas, seguido de Alemaña (36.856) e Portugal (19.880).