CRTVG

Buscar

A chegada de peregrinos acelérase co transcurso do mes de xullo

Publicado o 13/07/2021 13:52

A chegada de peregrinos a Santiago devolveulle á cidade un aspecto que non tiña desde había moito tempo. 

Desde o venres entregáronse arredor de 5.000 Compostelas, uns rexistros moi semellantes aos que había antes da pandemia. 

Centos de camiñantes, pero tamén turistas, deambulan estes días polos arredores da Catedral, moitos deles agardando con paciencia o momento de poder cruzar a Porta Santa.

A cidade recupera, en parte, un ambiente festivo coa vista posta xa nas festas do Apóstolo, que tamén con moitas restricións comezan de aquí a unha semana.

 

 

Noticias web

13/07/2021