CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

A chegada de peregrinos a Santiago superou todas as marcas durante o mes de agosto

Publicado o 01/09/2017 20:51
Agosto incrementou a crecente estatística de peregrinos a Compostela. Acreditáronse na oficina do peregrino algo máis de cincuenta e sete mil camiñantes, un 7 por cento máis de en agosto do ano pasado. Está sendo un verán de estupendas marcas.



Son camiñantes que están a poucos quilómetros de Santiago e que abren a estatística de peregrinos deste setembro. A maioría segue elixindo o Camiño Francés, aínda que empezar a ruta en Tui segue a ter cada vez máis adeptos.

A diversidade en todos os aspectos é unha característica que se reforza no verán nos camiños a Compostela. Hai quen aproveita para volver peregrinar e quen se estrea.

En agosto estas oficinas expediron un sete por cento máis de acreditacións que no mesmo mes do ano pasado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí