CRTVG

Buscar

A chegada de dous cruceiros enche de turistas A Coruña

Publicado o 27/08/2019 14:37

A primeira hora da mañá aportaban na Coruña este veleiro de luxo con capacidade para 95 turistas, amais da tripulación, e estoutro barco, o Independence of the Seas, un dos transatlánticos máis grandes do mundo. En total, 3.600 turistas pasean arestora polos principais monumentos da cidade. 

"É unha cidade moi fermosa...", di un deles.

Ninguén se resiste a probar os nosos pratos típicos. 

"A gastronomía de aquí foi un dos motivos para escoller este cruceiro...". "Quero comer polbo, vieiras...".

Así que, os hostaleiros e comerciantes están encantados coa visita dos cruceiristas.

"Fan gasto na cidade. Sempre vén ben tanto a hostalaría coma o comercio e á cidade en xeral".

Ata o sábado agárdase na Coruña a chegada doutros tres barcos máis e unha das novidades virá da man do Balmoral, que organizará excursións polo mar.

"Van facer excursións cos botes porque coñecer a ría da Coruña tamén é moi interesante", di Luis Moral, xerente da terminal de cruceiros.

Os próximos dous meses serán tamén moi frutíferos para as estatísticas deste tipo de tráfico. Agándanse 34 escalas, varias dobres e ata unha tripla o 19 de outubro.

Así que, en dous meses, A Coruña vai recibir a visita de arredor de 58.000 cruceiristas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/08/2019