CRTVG

Buscar

A chegada da temporada de sol obriga a ter coidados especiais coa pel

Publicado o 29/05/2019 18:22

Co sol lucindo no ceo e as temperaturas á alza non está de máis lembrar a importancia de protexer a pel do perigoso índice ultravioleta que está nesta época en máximos.

" Os valores máximos acádanse arredor do solsticio de verán, a mediados de xuño, e logo van descendendo. Agora en Galicia estamos oscilando en valores 6 entre 6 e 9" explica o meteorólogo Santiago Salsón.

Hai que ser especialmente coidadoso se estamos en zona altas ou en días de vento en que a sensación de calor non é tan evidente.

O uso de cremas protectoras é fundamental pero hai ademais outras formas de protexerse evitando expoñernos ao sol ao mediodía, aproveitando a vexetación e tamén a protección que nos ofrece a roupa.
Malia todo, os expertos din que non estamos aínda concienciados dos perigos do sol e que a incidencia do melanoma segue crecendo.

"A incidencia do cancro de pel aumentou moitisimo, agora que aprendemos a curar o cancro e a diagnosticalo cedo, cada día hai máis porque a xente non fai moito caso as recomendacións", di o dermatólogo Hugo Vázquez.

Ademais de evitar enfermidades, unha boa protección axudará tamén a un mellor avellentamento da pel.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019