CRTVG

Buscar

A cesta de Nadal non é un agasallo, senón un dereito adquirido dos traballadores

Publicado o 17/12/2019 21:24

A Sala do Social do Tribunal Supremo acaba de facer pública unha sentenza en que confirma o dereito dos 1.600 traballadores de Fujitsu en España a recibir a cesta de Nadal do ano 2016 que fora unilateralmente suprimida pola empresa. Entende o Alto Tribunal que neste caso se dan os requisitos para consideralo un dereito adquirido polos traballadores.

Malia a xurisprudencia, a idea de que as empresas repartan entre o seu persoal obsequios polo Nadal non é percibido na rúa como un dereito tanto entre empresarios como traballadores.

Fujitsu deberá acatar a sentenza do Supremo e entregar ou aboar as cestas de Nadal aos seus traballadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/12/2019