CRTVG

Buscar

A CEOE, contra un estado de alarma de seis meses

Publicado o 26/10/2020 20:33

Os empresarios comparten a necesidade do estado de alarma, pero prefiren que se prorrogue aos poucos conforme evolucione a pandemia.

Antonio Garamendi, presidente da CEOE, preguntábase: "Que facemos coa Semana Santa? Cargámola directamente con falta de confianza porque propoñemos este prazo de maio? Eu creo que é unha auténtica barbaridade".

Díxoo o presidente da CEOE durante o Congreso Nacional da Empresa Familiar. Pouco antes, o rei fixera unha chamada á esperanza e a aliñar vontades para superar o reto do coronavirus: "Está sendo un ano especialmente difícil, pero non podemos caer no pesimismo. As institucións, as empresas, as familias teñen que demostrar a súa capacidade e a súa vontade para unir forzas".

Segundo unha enquisa difundida no Congreso, unha de cada tres empresas familiares prevé despedir traballadores o vindeiro ano.

Noticias web

26/10/2020