CRTVG

Buscar

A central das Pontes prepárase para empregar novos combustibles menos contaminantes

Publicado o 08/10/2019 12:10

A central das Pontes prepárase para reactivar de novo as caldeiras. Probarase unha mestura de combustibles que permitirá reducir, xa de entrada, nun 40% a queima de carbón. Os transportistas comezarán a desprazar desde Ferrol unhas 3.000 toneladas de carbón que se unirán outros materiais coma o bagazo de aceite que transportarán desde Xaén e un 25% de lodos. 

Manuel Bouza. voceiro dos transportistas do carbón: "Temos esperanzas de que se fagan as probas e sexan rendibles. Cremos que si, pero hai que agardar".

Do éxito destas probas dependerá unha posible vía de futuro para a central a medio prazo.
Entretanto, os colectivos que integran o comité de crise volveranse reunir esta tarde para revisar o calendario de mobilizacións. No aire están unha convocatoria de folga xeral e unha manifestación a Madrid pendentes da decisión desta tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019