CRTVG

Buscar

Bos días

A celebración do Domingo de Ramos en Bos Aires non esqueceu Galicia

Publicado o 21/03/2016 09:40

A celebración do Domingo de Ramos en Bos Aires non esqueceu Galicia.
O gaiteiro Fernando Mosquera e a súa Celtic Band protagonizaron o concerto de apertura da misa de Domingo de Ramos a beneficio dos comedores parroquiais da recoñecida basílica arxentina de María Auxiliadora, lugar de bautismo do papa Francisco.

O gaiteiro Fernando Mosquera e a súa Celtic Band fixeron un alto na súa xira suramericana para ofrecer un concerto a beneficio de diversos comedores parroquiais de Bos Aires en pleno Domingo de Ramos.

Foi na impoñente basílica de María Auxiliadora, onde se bautizou o papa Francisco.
E este descendente de sadenses logrou crear unha simbiose entre o órgano da igrexa e a gaita.

Padre Vicente Richetto, párroco da Basílica María Auxiliadora de Almagro
"É un día moi lindo, a entrada de Xesús en Xerusalén, o amor de Xesús por todos nós, pero ademais o feito de que isto se faga a beneficio dos máis necesitados".

Para Mosquera, que non dubidou en contribuír con este proxecto, Galicia é a súa terra prometida, o fío condutor da súa peregrinación musical.

Fernando Mosquera, gaiteiro

"O son da gaita desde que entrou polos meus oídos revolveume por dentro e algo tiña que facer ao respecto, e de aí xurdiu todo isto".

O seu último traballo, Outlander é a súa particular homenaxe á emigración.

Coa recolleita de produtos non perecedoiros obtida neste concerto que alimentou a alma de numerosos fieis, darase sustento, cando menos por uns días, a máis de 300 persoas sen recursos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

21/03/2016