CRTVG

Buscar

A celebración das Festas do Apóstolo está no aire

Publicado o 22/04/2020 15:27

As Festas do Apóstolo serán, con toda probabilidade, diferentes este ano. A evolución da pandemia, das medidas de confinamento, condiciona a súa celebración. No Concello de Santiago din que agardarán ata o último momento para tomar decisións sobre o programa de actividades.

Gonzalo Muíños, concelleiro de Festas de Santiago: "Nós imos traballar arreo e esgotar todas as posiblidades para ver se podemos celebrar as Festas do Apóstolo".

Algúns dos actos máis emblemáticos poderían organizarse, pero adaptados ás novas circunstancias. Por exemplo, manter os fogos e o espectáculo audiovisual do Obradoiro, pero sen público e televisados. A situación obriga a pechar contratos pola vía de urxencia.

Gonzalo Muíños, concelleiro de Festas de Santiago: "Se temos que acurtar prazos de contratación, e esforzarnos e traballar máis e máis duro, farémolo porque hai sectores, a cidade en si, merece que haxa un mínimo de festas".

Unhas festas que deberán respectar o equilibrio entre tradición, diversión e seguridade.

Noticias web

22/04/2020