CRTVG

Buscar

A cegoña chega a Galicia antes do San Bras

Publicado o 18/01/2020 14:34

Polo San Bras a cegoña verás, pero na Terra Chá non hai que esperar ata o tres de febreiro para ver colonias nutridas de cegoñas.

De fondo escóitase o croteoreo que fan as cegoñas, un xeito de saudarse delicioso que adoitan emitir cando chegan ao niño. Nesta colonia é constante. Malia que son aves gregarias, tamén é frecuente atopalas en niños exentos construídos en árbores ou en postes da luz a carón de estradas e vivendas

Se cadra, por iso adoitan ser ben acollidas polo home

Na Terra Chá a poboación está estabilizada cuns catrocentos cincuenta niños censados Numenius.
Para o resto do territorio a Sociedade Galega de Historia Natural busca voluntarios que informen dos niños que coñezan para facer un rexistro deles.

Cada niño pode pesar unha tonelada. Estan feitos de garabullos, lama, herbas e silo. Entre os seus paus aniñan pardais e estorniños.
 

Noticias web

18/01/2020