A CE contradí a Pedro Sánchez: asegura que os fondos europeos de recuperación non dependen dos orzamentos do Estado
A Comisión Europea contradí a Pedro Sánchez e asegura que os fondos europeos de recuperación non dependen dos orzamentos do Estado. O organismo comunitario asegura que se trata de dous procesos separados e distintos.
O que di a Comisión Europea é que non son imprescindibles eses novos orzamentos españois para obter os 140.000 millóns de euros que lle corresponden a España na loita contra as consecuencias da Covid-19. Unha idea que contradí a afirmación de Pedro Sánchez, que aseguraba que sen presuposto non se podían abordar eses fondos.
Bruxelas si recoñece que, se ben son dous procesos separados e independentes, os dous deben ser consistentes e ter obxectivos comúns. Entre outros, a Comisión require un compromiso con vistas ás transicións ecolóxica e dixital ou á cohesión social.