CRTVG

Buscar

Bos días

A causa do crime de Nisman na Arxentina pasa a ser investigada polo Foro Xudicial Federal

Publicado o 23/03/2016 09:46

A Cámara do Crime da Arxentina resolveu enviar a causa que investiga a morte do fiscal Alberto Nisman, atopado cun tiro na cabeza no seu domicilio de Bos Aires hai máis dun ano, ao Foro Xudicial Federal, tal e como solicitaban os avogados da nai e das fillas do procurador.

O Tribunal escoitou as peticións da xuíza encargada de investigar a morte do fiscal arxentino Alberto Nisman e aceptou xirar a causa ó foro xudicial federal, logo de que Fabiana Palmaghini se declarara incompetente.

Unha decisión que a familia do fiscal ve como unha pequena vitorial.

Federico Casal, avogado das fillas de Alberto Nisman

"É un gran paso para a investigación, pero é un paso máis importante aínda para a república como responsable de si".

A lexislación arxentina ampara este cambio por ser Nisman un funcionario federal cuxa morte aínda non se determinou se foi suicidio ou homicidio.

O fiscal foi atopado morto no seu domicilio de Bos Aires só tres días despois de denunciar a ex-presidenta, Cristina Fernández, por suposto encubrimento na causa que investiga o atentado contra a mutualista xudía AMIA.

Esta nova súmase con outro caso arxentino rodeado dende un comezo pola sombra das sospeitas.

A que investiga a morte do fillo do ex-mandatario arxentino Carlos Menem, falecido supostamente nun accidente de helicóptero en 1995 e que agora se pon en dúbida.

Menem asegura que foi un atentado e que sabe quen, como e por que o asesinaron, aínda que non o revelará por consideralo un segredo de Estado.

O xuíz que investiga a causa xa lle pediu ao novo Goberno de Mauricio Macri que dea autorización para revelar esta información.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

23/03/2016