CRTVG

Buscar

A catedral oficiará unha nova misa do peregrino ante a afluencia de viaxeiros e o límite de ocupación

Publicado o 14/06/2021 14:51

No que levamos de mes de xuño notouse un incremento considerable do número de peregrinos, tanto nacionais coma internacionais, que chegan a Santiago. Onte seláronse 626 compostelas, a mellor marca do que levamos de ano, unha cifra que fixo que este fose un dos mellores fins de semana en canto a afluencia de peregrinos.

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, dixo que este fin de semana chegaron a Santiago preto de 2.000 perigrinos; un síntoma de que se están a reactivar as rutas Xacobeas.

Este incremento dos viaxeiros, unido a que a ocupación no interior da Catedral está limitado a 225 persoas, levou ao Cabido a aumentar o número de misas do peregrino que se ofician diariamente.

José Fernández Lago, Deán da Catedral de Santiago, asegura que lle chegan peticións de visitas de máis de cincocentas persoas, o que os obrigou a oficiar unha nova misa do peregrino ás nove e media da mañá, que se engade ás que se celebraban ás 12 do mediodía e ás sete e media da tarde. A estas liturxias diarias súmanse á das 11 na capela da Corticela e á das 10 e media en lingua inglesa no Centro de Acollida do Peregrino.

 

Noticias web

14/06/2021