CRTVG

Buscar

A catedral de Santiago recupera o tríptico de Pentecoste tras a súa restauración

Publicado o 07/03/2019 15:03

Foi o último grande encargo pictórico da catedral de Santiago e aínda así levaba case 70 anos esquecido nun almacén. O tríptico de Pentecoste pintouno o compostelán Jose López para o ano santo de 1920. No 45 retirárono temporalmente pero xa nunca volveu ao seu sitio. Así que se trata dun auténtico tesouro recuperado.

O tríptico reapareceu do almacén con graves danos provocados pola couza e a humidade, especialmente en toda a parte inferior e na táboa de san Francisco, do que practicamente só quedou o rostro.

O mecenado de ABANCA permitiu unha traballosa restauración realizada por Victoria Valverde en solitario durante 3 meses.

Noticias web

07/03/2019