CRTVG

Buscar

A catedral de Santiago estrea unha nova audioguía gratuíta para dispositivos móbiles

Publicado o 03/12/2019 09:24

A nova audioguía da catedral de Santiago permite aos visitantes percorrer o templo e o museo de xeito autónomo. A aplicación contén máis de 200 imaxes e arredor de 40 narracións traducidas a catro idiomas. 
No deseño, buscaron simplificar o acceso.

Jaime Solano, director de GVAM Guías Interactivas: "É unha aplicación que permite unha visita moi sinxela, simplificada no que é o acceso e moi elaborada na profundidade do contido".

Sinxela, accesible ás persoas con discapacidade auditiva e que achega información sobre o que interesa aos visitantes. Está, ademais, aberta á incorporación de novos contidos.

Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral de Santiago: "A crecer dentro da propia aplicación e mesmo con outros instrumentos que se vaian producindo para facer máis accesible a catedral e o seu museo aos visitantes".

A guía interactiva xa se pode descargar de xeito gratuíto en dispositivos móbiles iOS e Android. Tamén existe a posibilidade de optar a un contido máis completo por un prezo de catro euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019