CRTVG

Buscar

A catedral de Santiago estrea iluminación para realzar o interior do templo

Publicado o 09/07/2021 16:32

EFE

Coincidindo co dobre Ano Santo a Catedral inaugura iluminación interior, pensaba para respectar a luz natural que entra por catro rosetóns. Intaláronse 700 luminarias nas naves, cruceiro, xirola e Pórtico da Gloria e colocáronse nos corredores 36 lámpadas deseñadas exclusivamente para este templo que imitan as que había antigamente cambiando as candeas por leds.

Este proxecto de iluminación pretende manter o ambiente de recollemento que sempre tivo para os peregrinos ao tempo que destaca todos elementos de gran valor patrimonial da Catedral. O proxecto desenvolvérono Iberdrola e o Cabido.

Noticias web

09/07/2021