CRTVG

Buscar

A catedral de Santiago celebra a primeira misa tras dous meses pechada

Publicado o 16/05/2020 15:21

A catedral de Santiago acolleu a primeira misa tras dous meses coas portas pechadas pola crise sanitaria da COVID-19.

A celebración foi na capela da Corticela. Realizouse seguindo as normas sanitarias impostas polo Goberno. Só se pode ocupar a capela nun terzo da súa capacidade e sempre seguindo as medidas de hixiene: a desinfección previa de calzado e de mans, e co uso obrigatorio de máscaras. No interior os asistentes teñen que manter a distancia de seguridade: unha persoa por banco. Ao rematar desinféctase a capela.

As misas na Corticela celébranse desde hoxe ás once da mañá. Este é un primeiro paso para a volta gradual á normalidade na basílica, que levaba pechada ao público desde que se decretara o estado de alarma.

 

Noticias web

16/05/2020