CRTVG

Buscar

A catedral de Santa María de Tui, testemuña do devir histórico da vila ao longo dos séculos

Publicado o 12/08/2019 16:48

Situada no alto dun outeiro ao paso do río Miño, a catedral de Santa María de Tui foi testemuña do devir histórico desta vila ao longo dos séculos. O edificio actual comezou a coller forma no século XII.

No exterior, as súas torres e ameas e as estreitas aberturas nos muros danlle un aspecto máis similar a unha fortaleza que a un templo. A súa fachada principal está considerada como o primeiro conxunto escultórico gótico da Península Ibérica.

No interior, de planta de cruz latina, ten tres naves con transepto e tres capelas. Destaca tamén o seu claustro gótico, o único da época medieval que se conserva en Galicia. Dentro do claustro consérvase a única sala capitular románica existente na nosa comunidade e unha das maiores en España.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019