CRTVG

Buscar

A Casa Real expresa o seu respecto absoluto á independencia da xustiza

Publicado o 17/02/2017 13:42

A sentenza do caso Nóos coincidiu esta mañá cun acto oficial dos reis de España, que inauguraban unha exposición no Museo Thyssen cand o presidente de Hungría. Despois de facerse pública a sentenza, fontes da Zarzuela expresaron o seu respecto absoluto á independencia da xustiza. Esa é, polo momento, a reacción que transcendeu desde a Casa do Rei á dedicisión da Audiencia Provincial de Palma, que condenou a Iñaki Urdangarin a 6 anos e tres meses de cárcere e impúxolle unha multa de mais de 265.000 euros á infanta Cristina. Os reis Filipe VI e Leticia xantan arestora no Palacio Real co presidente de Hungría.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2017