CRTVG

Buscar

A Casa de Galicia no val do Rhin celebra en Santiago o 40 aniversario

Publicado o 30/07/2019 16:00

Traballaron e viviron na localidade suíza de Heerbrugg, algúns aínda viven alí, outros xa retornaron a Galicia, pero hoxe todos eles están de celebración. Hai 40 anos fundaban o Centro Galego Val do Rhin. Para conmemoralo, esta mañá camiñaban cara a Compostela desde o Monte do Gozo.

O Centro logrou unha función esencial, difundir a cultura e lingua galega no país alpino.

Un recullo do mundo máis galego grazas ao labor incansable de todos eles durante corenta anos.

Noticias web

30/07/2019