CRTVG

Buscar

A Casa Branca prevé que o paro nos EUA supere o 20%

Publicado o 11/05/2020 08:55

O asesor económico da Casa Branca advertiu este domingo de que o paro podería achegarse ao 20 por cento como consecuencia da crise do coronavirus, unha cifra inédita desde a Gran Depresión dos anos 30.

Segundo a cifra oficial de paro conoñecida o venres pasado, o desemprego nos Estados Unidos superou xa o 14 por cento. No mes de abril destruíronse máis 20 millóns de postos de traballo.








 

Noticias web

11/05/2020