CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

A carteleira de estreas cinematográficas no 'Zigzag'

Publicado o 10/11/2017 17:11

Un filme sobre librarías no día da libraría. A nova película de Isabel Coixet abre a carteleira desta semana na que atopamos unha chea de títulos de diferentes xéneros.

'La librería', Isabel Coixet
A chegada dunha muller a unha vila da costa inglesa para abrir unha libraría revolve a paz do lugar. Isabel Coixet desenvolve unha fábula de amor aos libros impregnada de clasicismo e tenrura.

'Oro'
Século dezaseis, selva amazónica, Lope de Aguirre e Núñez de Balboa buscan unha mítica aldea construída completamente en ouro. Violencia e destrucción para esta adaptación dun libro de Pérez Reverte con Raúl Arévalo, Bárbara Lennie e Jose Coronado no elenco.

'Musa'
Outra adaptación é a que fai Jaume Balagueró do libro La dama número 13. Éa historia dun profesor universitario con soños premonitorios que lle inspiran versos que ao tempo descubren unha serie de asasinatos. Triller terrorificamente inspirador.

'The Square'
A Palma de ouro no último Festival de Cannes é a irreverente ollada ao mundo da arte que asina o sueco Ruben Östlund. Un artista e a súa obra no centro da ollada e a hipocresía no punto de mira. Tan contundente coma polémica.

'Algo muy gordo'
Berto Romero e Carlo Padial xuntos para reivinicar o concepto de post- humor. Un dos humoristas máis coñecidos xunto a un director que busca a ruptura na comedia e no cinema. A sinopse do propio filme non aporta mais que este comentario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

10/11/2017