CRTVG

Buscar

A carreira solidaria máis longa chega á Coruña

Publicado o 01/05/2020 13:09

Moverse, dende a casa, polos pacientes con cancro. A Carreira Máis Longa da Historia arrancou en Madrid o 19 de abril e o vindeiro 3 de maio a provincia da Coruña toma o relevo.

Beatriz Benito, Voluntaria da AECC A Coruña di que se trata de correr nas nosas casas, xuntos, e que a proba empezará o 3 de maio. Tamén explica que cortarán a cinta os alcaldes das principais cidades da provincia.

Por cada quilómetro percorrido dende a casa, farase un donativo. Todos os fondos, explica Beatriz Benito, irán destinados aos pacientes con cancro e ás súas familias, en situación de vulnerabilidade.

O ano pasado o circuíto provincial reuniu máis de 16.000 persoas de 15 concellos. Todo un movemento social, nesta ocasión dende o fogar, que ten tres obxectivos: protexer as persoas con cancro contra o coronavirus, recadar fondos para seguir loitando contra a enfermidade e favorecer os hábitos de vida saudables, tamén en situación de confinamento.
 

Noticias web

01/05/2020