CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A carreira de Informática segue sendo territorio maioritariamente masculino, as mulleres representan só o 12% do alumnado

Publicado o 09/02/2015 15:02





As mulleres son maioría nas universidades galegas, en xeral, pero aínda hai un reduto académico dominado polo predominio masculino: as carreiras técnicas. Dentro delas, as facultades de informática son a punta do iceberg, un lugar aínda por conquistar polas mulleres universitarias.

Facultade de Informática da Coruña. Se falamos de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, esta é a ovella negra das carreiras técnicas. En Informática, só arredor do 12% do alumnado son mulleres. Por que?

Por iso son necesarias iniciativas como as bolsas Anita Borg, para alentar as mulleres a destacar na informática e nas tecnoloxías. Grazas a esta bolsa póñense en marcha accións que lle dan forza ao alumnado feminino.

Para que á hora de elixir un camiño académico non exista o cuestionamento de se é unha carreira de rapazas ou rapaces.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí