CRTVG

Buscar

A carne de vacún non é prexudicial e recoméndanse catro racións á semana

Publicado o 12/03/2018 21:05

A carne de vacún está lonxe de ser prexudicial para a saúde. A Sociedade Española de Medicina de Atención Primaria recomenda o seu consumo entre tres e catro veces por semana. Os mitos sobre a alimentación son abundantes e perigosos. Dende as comidas que curan enfermidades ata as que as provocan. Os médicos insisten na necesidade de desmentir estas falsidades e concienciar sobre a importancia dunha dieta equilibrada.

José Manuel Fernández, coordinador, di: "No ano 2015 a OMS emitiu un comuniado en base a uns estudos que fixera a axencia internacional do cancro, no cal relacionaba o consumo de carnes vermellas e carnes procesadas co cancro. Isto non era totalmente correcto e de feito fixeron unha aclaracion posterior".

O consumo de carne de vacún contén un alto valor nutricional. Recoméndanse entre tres e catro racións á semana, nunha cantidade que roza o medio quilo. Cociñala con legumes facilita a absorción de ferro e deben evitarse os preparados en que a carne entre en contacto co lume.

José Manuel Fernández di: "Unha das fontes principais de achega de proteínas e carne. Polo que parece indispensable. Sobre todo en determinados momentos da idade. Na nenez, na adolescencia, durante o embarazo ou nas persoas maiores".

A Sociedade Española de Atención Primaria presentou unha guía sobre a importancia da carne de vacún. Ten como obxectivo formar os médicos de familia e que estes transmitan os seus coñecementos á poboación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2018